Monday 06 de May de 2024

Aprazada a charla sobre o Plan de Emprego Local da Deputación


O PSOE de Ordes desconvoca a charla informativa sobre o Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña, prevista para este venres 20 de maio no Museo do Traxe Juanjo Liñares, tras unha denuncia do PP de Ordes ante a Xunta Electoral. Os socialistas ordenses anuncian que pospoñen a charla ata despois das eleccións e lamentan as molestias que este cambio poida causar aos veciños e veciñas interesados neste plan.